Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se anuncia licitación, por concurso aberto e trámite de urxencia, para a subministración de equipos informáticos para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar licitación, polo trámite de urxencia, para a contratación de subministración mediante concurso público aberto.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 19/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de equipos informáticos para os servicios de información xuvenil integrados na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.

b) Número de unidades que hai que entregar: un mínimo de 75.

c) División por lotes e número:

d) Lugar de entrega: concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 25.000.000 de ptas.

5. Garantías:

Provisional: 500.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Dirección Xeral de Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n, bloque 3-1º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: (981) 54 48 21.

e) Telefax: (981) 54 58 43.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: (981) 54 56 37.

e) Fax: (981) 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

2º Domicilio: San Caetano.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

(Ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1997.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia,

Muller e Xuventude

97-7752