Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 1997 Páx. 9.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 8 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de resolución referida á incoación do expediente sancionador de sanidade alimentaria que se cita (expediente 55/1997).

En aplicación do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se identifica cos datos que a seguir se relacionan, que con esta data se acorda, por non ser posible a súa notificación a través de correos, publica-la resolución de incoación do expediente sancionador 55/1997, por infracción ó Decreto 239/1986, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. O interesado dispón dun prazo de quince días para examina-lo expediente

na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense (Avda. de Zamora, nº 13), co fin de poder achegar escrito de alegacións, así como propoñe-los medios de proba que considere pertinentes, segundo o preceptúa o artigo 16 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora.

Denunciado: Anibal Jardón Penín.

DNI: 34.988.543-T.

Último enderezo coñecido: rúa Armada, nº 14, Xinzo de Limia (Ourense).

Ourense, 8 de setembro de 1997.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense

7166