Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 1997 Páx. 9.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/229-4).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío de instalacións eléctricas na estrada Arbo-Crecente.

Situación: concellos de Arbo e de Crecente.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.287 m de lonxitude, 720 m con conductor tipo LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón, e 567 m con conductor tipo LA-56, desde a variante L.M.T. a C.T. Cequeliños apoio N.41 rematando no C.T. que se proxecta en Cequeliños. A variante L.M.T. Frieira-Arbo apoio N.38 da actual L.M.T., rematando no apoio N.48. A variante L.M.T. a C.T. Moreira apoio N.39 da L.M.T. Frieira-Arbo, rematando na variante da L.M.T. Moreira. A variante da L.M.T. o C.T. Ponte Ribadil apoio N.3, rematando no apoio N.5 da actual liña, concellos de Arbo e de Crecente. R.B.T., aérea, de 2.045 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV/400-231.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 26 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7371