Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 19 de agosto de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación das NN.SS., en Chan do Cadaval das Cordas, Arteixo, promovido por Melchor Pouso Martínez, en representación de M. Pouso, S.L., e redactado polo arquitecto Luis Hermida González, dándolle nova redacción ó apartado de usos permitidos no solo non urbanizable común (NU) para axeitalo ó novo réxime urbanístico da Lei 1/1997, queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte o da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes.

Arteixo, 22 de setembro de 1997.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

7666