Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, polo procedemento aberto e tramitación urxente, o concurso público de obras 1/1997 para a realización da reforma arquitectónica do Servicio de Radioloxía do citado complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde

da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a realización da reforma arquitectónica do Servicio de Radioloxía do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora.

Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número de expediente: CP obras 1/1997.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: execución das obras contidas no proxecto de reforma no Servicio de Radioloxía do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

b) Lugar de execución: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

c) Prazo de execución: o día 31 de decembro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

19.824.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación: 396.480 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán á disposición dos concursantes para o seu exame tódolos días laborables, agás os sábados, das 9 ás 15 horas, no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono (981) 33 40 32. Fax (981) 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se lle esixirá clasificación ó empresario.

Os empresarios non españois acreditarán a súa solvencia económica, financeira e técnica de acordo co establecido nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes: non se admitirán ofertas que inclúan solucións técnicas que varíen o proxecto aprobado pola Administración.

9. Apertura das proposicións.

Realizarase en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de remate do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes ó da indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen no apartado 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 30 de setembro de 1997.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario Arquitecto

Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

7638