Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 08 de outubro de 1997 Páx. 9.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral para o Deporte, de corrección de erros da do 23 de setembro de 1997 pola que se anuncia a licitación mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dun pavillón polideportivo no concello de Noia (A Coruña).

Advertido erro na devandita resolución publicada no DOG nº 187, do 29 de setembro de 1997, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 9.594, columna dereita, apartado b), correspondente ó orzamento de execución por contrata, onde di: «sesenta e nove millóns cento vintesete mil trescentas dúas pesetas (69.127.302 ptas.)», debe dicir: «oitenta e un millóns cento vintesete mil trescentas dúas pesetas (81.127.302 ptas.)».

A publicación da presente corrección de erros comportará a reapertura do prazo de presentación de ofertas e o conseguinte retraso na súa apertura.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

7706