Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 07 de outubro de 1997 Páx. 9.779

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 1997 pola que se abre un novo prazo para solicitar licencias por estudios para estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 1997-1998 destinadas a funcionarios docentes non universitarios, convocadas por Orde do 18 de agosto de 1997.

Por Orde do 18 de agosto de 1997 (DOG do 5 de setembro) convocáronse licencias por estudios para estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 1997-1998 para funcionarios docentes non universitarios nas que, segundo o artigo sexto, se establece un prazo de presentación de solicitudes que remata o día 15 de setembro para as licencias de estudios modalidade A, e o día 31 de outubro para aquelas de modalidade B.

Transcorrido o primeiro prazo de presentación de solicitudes e co obxecto de favorecer que o maior número de profesores accedan a estas estadías formativas, e tendo en conta a importancia que teñen de cara ó coñecemento dos procesos productivos que se desenvolven nas empresas, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Abrir un novo prazo de presentación de solicitudes de licencias por estudios, na modalidade A, e para as estadías que se realicen a partir do 1 de novembro de 1997, prazo que rematará o 18 de outubro.

Segundo.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

5513