Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 06 de outubro de 1997 Páx. 9.776

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA

ANUNCIO.

Anúnciase a contratación de responsable do departamento financeiro-administrativo da Fundación Semana Verde de Galicia, que desempeñará a súa función na sede administrativa da fundación, no recinto feiral de Silleda-Pontevedra, a xornada completa; contratación que se someterá ós principios de mérito e capacidade, entre persoas que demostren a súa cualificación profesional. Os interesados deberán remitirlle á fundación, ó Recinto Feiral, s/n, de Silleda (Pontevedra), dentro do prazo dun mes desde a publicación deste anuncio, as súas circunstancias persoais, titulación e demais circunstancias que atinxan os indicados principios que consideren conveniente relacionar, coa proposta da retribución económica anual bruta que pretendan percibir por tódolos conceptos.