Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 06 de outubro de 1997 Páx. 9.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1997, da Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se anuncia o concurso público 3/97, por procedemento aberto, para a contratación do servicio de vixilancia no centro de saúde de Narón e no PAC de Pontedeume dependentes desta xerencia.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

I. Obxecto e orzamento: servicio de:

C/PDenominaciónImporte

3/97Servicio de vixilancia:

Lote 1:Centro de saúde de Narón4.980.000 ptas.

Lote 2:PAC de Pontedeume5.475.500 ptas.

Total:10.455.000 ptas.

No dito importe xa está incluído o IVE.

II. Prazo de vixencia: desde a sinatura do contrato ata finais do 1997.

III. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España 19-20 Ferrol, en días laborables de 9 a 14 horas.

IV. Fianzas:

a) Provisional: o 2% do importe de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: o 4% do importe de licitación.

V. Clasificación: non se esixe.

VI. Solvencia técnica: ve-lo artigo 19 da LCAP.

VII. Solvencia económica: ve-lo artigo 16 da LCAP.

VIII. Admisión de variantes: non se admiten.

IX. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España 19-20 Ferrol, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9.1 do prego de cláusulas administrativas. Se ese día coincide en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de proposicións rematará o primeiro día hábil seguinte.

X. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación reunida en acto público, na sala de xuntas do ambulatorio Fontenla Maristany en Ferrol, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte ó do remate de presentación de ofertas. Se ese día coincide en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

XI. Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Criterios de adxudicación e ponderación destes: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1º. Prezo ofertado: 60%

2º. Calidade técnica: 25%

3º. Medios auxiliares, equipo técnico e experiencia: 15%

XIII. Anuncios: o anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 29 de xullo de 1997.

Bernardo Seoane Díaz

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol

97-7322