Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 06 de outubro de 1997 Páx. 9.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de cruzamento da ría do Eo por perforación dirixida, correspondente ó proxecto de gasificación do noroeste: gasoducto de transporte, que se vai realizar no concello de Ribadeo (Lugo), promovido por Enagás, S.A.

O artigo 5, punto 2 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25-9-1990), dispón que o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1º Someter a información pública, no prazo de trinta días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental do proxecto do cruzamento da ría do Eo por perforación dirixida, que se vai realizar no municipio de Ribadeo (Lugo), promovido pola empresa Enagás, S.A.

2º Para os correspondentes efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Industria.

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo.

* Casa do Concello de Ribadeo.

3º As alegacións, dirixidas ó director xeral de Industria, formularanse durante o dito prazo de trinta días e serán presentadas en calquera das oficinas que establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

7452