Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 03 de outubro de 1997 Páx. 9.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 161.1º en relación co 121.1º, ámbolos dous da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, polo presente anuncio comunícase a incoación, polo Concello de Foz, do expediente para a delimitación dunha área situada no Paseo de Colón (Foz) na que as transmisións onerosas de terreos quedarán suxeitas ó exercicio dos dereitos de tanteo e retracto por parte desta Corporación Municipal.

No prazo de vinte días hábiles seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán presentar alegacións ou reclamacións mediante escrito dirixido ó alcalde-presidente do Concello de Foz.

Relación de propietarios afectados:

-José Manuel López Santo.

-Balbino Cao Díaz.

-Angélica Teijeiro Cao.

Foz, 28 de agosto de 1997.

Xoán A. Moreda Pinto

Alcalde en funcións

7223