Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.720

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 1997 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a contratación da redacción de proxecto e execución das obras de urbanización da praza do centro social de Monte Alto.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O97/56.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto de execución das obras de urbanización da praza do centro social de Monte Alto.

Prazo de presentación do proxecto: un mes.

Prazo de execución: fixarano os licitadores.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 59.458.779 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 1.189.176 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto e. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 2, categoría b. Grupo C, subgrupo 6, categoría c.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará esta automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica. Documentación administrativa e documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación da redacción do proxecto e execución das obras de urbanización da praza do centro social de Monte Alto.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 16 de setembro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado