Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.683

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de setembro de 1997 sobre a modificación da forma de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Vista a proposta formulada polo Concello de Santiago de Compostela, relativa á modificación da forma de provisión do posto de traballo de tesoureiro municipal reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Esta consellería, de conformidade co establecido nos artigos 9 e 27 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

O posto de traballo de tesoureiro municipal do Concello de Santiago de Compostela, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, clasifícase como de provisión polo sistema de libre designación.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6354