Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 14 do PXOU de Vigo nunha parcela sita en Teis (expediente 4379/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 3 de xullo de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 14 do PXOU para unha parcela sita en Teis, conforme a documentación elaborada polos servicios técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo, en abril de 1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Vigo, 10 de setembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde