Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO (29/1997).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 18 de agosto de 1997, acordó iniciar de oficio o expediente de elección do sistema de actuación para a unidade de actuación nº 48 (UA-48), parcela do Balneario, que queda sometido a información pública polo prazo que se cerrará transcorridos vinte días, contados a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes (expediente 29/97 DSA).

Arteixo, 1 de setembro de 1997.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

7207