Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1997 pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a impartición de programas de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial do programa pimega 97/98.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) dunha asistencia técnica para a impartición de programas de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial do programa Pimega 97/98.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela. Tel.: (981) 54 11 01. Fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 15/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Asistencia técnica para a impartición de programas de inducción e sensibilización cara ó cambio empresarial do programa Pimega 97/98.

O obxecto do concurso desagrégase en trinta lotes (indicados nos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares).

b) Prazo de execución: 12 meses desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 22.272.000 ptas., IVE Incluído.

O dito orzamento máximo distribúese a razón de:

Lotes 1 ó 20: 928.000 ptas./lote.

Lotes 21 ó 30: 371.200 ptas./lote.

5. Garantías.

Provisional: 2% da suma dos orzamentos máximos licitados para os lotes ós que se licite.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos do contratista:

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría A; no caso de que o orzamento total dos lotes ós que licite sexa igual ou superior a 20 millóns.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

9. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, no Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

7209