Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a adquisición dun programa de xestión de coidados de enfermería e implantación deste en dúas unidades do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (C.P. 139/97).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio

de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do subministración que a seguir se cita:

Obxecto: adquisición dun programa de xestión de coidados de enfermería e implantación deste en dúas unidades do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

Orzamento: 2.552.000 ptas. Este orzamento, así como o prezo que finalmente resulte da adxudicación, debe imputarse ó 50% entre as dúas unidades a que se refire o contrato.

Garantía provisional: 51.040 ptas.

As especificacións técnicas do programa, desde o punto de vista técnico-informático, detállanse a continuación:

* A ferramenta terá que estar construída seguindo os seguintes criterios:

-Sistema operativo UNIX.

-Base de datos relacional, preferentemente INFORMIX.

-Ferramentas de desenvolvemento de 4ª xeración independente da base de datos.

-Arquitectura cliente-servidor.

* Ademais, obrigatoriamente, debe dialogar co software denominado Proxecto SIHGA (oficial en toda a Comunidade Autónoma de Galicia), e recoller tódolos datos demográficos dos pacientes en tempo real e das táboas do dito software.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega: a entrega completa do equipo deberase realizar no prazo de 30 días, desde a notificación da adxudicación ó contratista.

III. Admisión de variantes: non se autorizan, o que se fai constar expresamente neste prego e no anuncio da licitación, de acordo co artigo 88.2 da LCAP.

IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

-Desenvolvemento das prestacións e contidos mínimos esixidos ó programa informático (ver apartado 3 do anexo 1): 50%.

-Rebaixa do prezo ofertado sobre o orzamento máximo: 20%.

-Melloras sobre as prestacións e contidos mínimos esixidos: 10%.

-Características técnicas e modo de funcionamento do programa: 10%.

-Planning dos traballos ata alcanza-lo pleno funcionamento do programa; especialmente, diminución do prazo máximo: 10%.

VI. Documentos de interes para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 17 de setembro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

7424