Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.627

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto, con tramitación de urxencia, das asistencias técnicas de clave 72117080 e tres máis.

A Delegación de Agricultura, Gandería e Montes en Pontevedra anuncia a contratación mediante con

curso, procedemento aberto, con tramitación de urxencia, das asistencias técnicas seguintes:

1º) Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento e recheo de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de concentración parcelaria de Codeseda (A Estrada-Pontevedra)

Clave: 72117080.

Orzamento: 4.245.516 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Fianzas esixidas:

Provisional (2%): 84.910 ptas. (exenta se a empresa está clasificada no grupo I, subgrupo I).

Definitiva (4%): 169.821 ptas.

Clasificación do contratista: non é necesaria.

2º) Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de Santa Baia de Losón (Lalín-Pontevedra).

Clave: 72124096.

Orzamento: 10.731.334 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Fianzas esixidas:

Provisional (2%): 214.627 ptas. (exenta se a empresa está clasificada no grupo I, subgrupo I).

Definitiva (4%): 429.253 ptas.

Clasificación do contratista: non é necesaria.

3º) Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de concentración parcelaria de Oleiros (Silleda-Pontevedra).

Clave: 72152099.

Orzamento: 7.922.461 ptas.

Prazo de execución: 10 meses.

Fianzas esixidas:

Provisional (2%): 158.449 ptas. (exenta se a empresa está clasificada no grupo I, subgrupo I).

Definitiva (4%): 316.898 ptas.

Clasificación do contratista: non é necesaria.

4º) Título: proxecto de colaboración de servicios técnicos para o levantamento de planos parcelarios e altimétricos por topografía clásica na zona de concentración parcelaria de Nogueira (Meis-Pontevedra).

Clave: 72128100.

Orzamento: 4.808.969 ptas.

Prazo de execución: 8 meses.

Fianzas esixidas:

Provisional (2%): 96.179 ptas. (exenta se a empresa está clasificada no grupo I, subgrupo I).

Definitiva (4%): 192.359 ptas.

Clasificación do contratista: non é necesaria.

Documentos de interese para os licitadores: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos Servicios de Contratación e de Estructuras e Desenvolvemento Rural desta delegación, sitos na rúa Benito Corbal 47, de Pontevedra.

Modelo de proposicións: as proposicións económicas formalizaranse estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres pechados, segundo especifica o prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da delegación, en man, ou enviaranse por correo ó Servicio de Contratación desta delegación (rúa Benito Corbal 47, Pontevedra), coas formalidades que determina o artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, modificado polo Real decreto 2528/1986, no prazo de admisión, que rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non cadre en sábado ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás dez horas do quinto día natural que non cadre en sábado ou festivo, a partir do derradeiro día de presentación de proposicións, nas oficinas desta delegación provincial.

Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

Pagamento do anuncio: o importe da publicación deste anuncio será por conta dos respectivos adxudicatarios.

Pontevedra, 22 de setembro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

7056