Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.613

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de setembro de 1997, das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, pola que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura puxo en funcionamento en 1992 o Centro de Control de Calidade do Medio Mariño de Vilaxoán, co obxectivo de controla-la calidade das augas e do medio mariño nas zonas de producción marisqueiras e acuícolas.

Para logra-lo devandito obxectivo, tanto a normativa da Unión Europea como a normativa nacional que a desenvolve esixen o cumprimento dunha serie de normas sanitarias e de control de calidade aplicable á producción e comercialización de productos derivados da pesca, do marisqueo e da acuicultura. Isto esixe que o dito centro dispoña dunha dotación de persoal estable e adecuada que lle permita cumpri-la finalidade para a que se creou.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, oídas as organizacións sindicais presentes na mesa xeral de negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a comisión de persoal,

DISPOÑEMOS:

Artigo único.-Modifica-la relación de postos de traballo da Administración da Xunta de Galicia, aprobada polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de novembro de 1995 (DOG nº 227, do 27 de novembro) nos termos que se sinalan no anexo da presente orde.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1997.

Dositeo Rodríguez RodríguezJosé Antonio Orza Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Economía

e Administración Públicae Facenda

Novos códigos de formación específica

701. Experiencia mínima dous anos na xestión e nas técnicas de programas de control da calidade do medio mariño (R.I.).

702. Experiencia mínima de dous anos en programación adicada ó control da calidade do medio mariño (R.I.).

703. Experiencia mínima de dous anos en programas de control e técnicas de analíticas de fitoplancton e condicións oceanográficas (R.I.).

704. Experiencia mínima de dous anos en programas de control e técnicas de análise de biotoxinas mariñas (R.I.).

705. Experiencia mínima de dous anos en programas de control e técnicas analíticas de contaminación mariña de orixe química (R.I.).

706. Experiencia mínima de dous anos en técnicas de mostraxe de organismos mariños (R.I.).

707. Experiencia mínima de dous anos en mostraxe e análise de condicións oceanográficas e taxonomía do fitoplancton (R.I.).

708. Experiencia mínima de dous anos en análise de biotoxinas mariñas por CLAE (R.I.).

709. Experiencia mínima de dous anos en xestión de animalario e análise de biotoxinas por bioensaio (R.I.).

710. Experiencia na análise de metais pesados e organoclorados por A.A. e C.G. no medio mariño (R.I.).

711. Experiencia mínima de dous anos en técnicas analíticas de microbioloxía e patoloxía de moluscos e peixes (R.I.).

712. Experiencia en mantemento de animalario, identificación e viscerado de organismos mariños (R.I.).

7179