Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.605

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 1 de xullo de 1997, da Dependencia de Recadación de Girona, de notificación de providencia de constrinximento.

Polo presente edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración Tributaria ou a que

as persoas autorizadas pola lexislación para se facer cargo das notificacións alegaron distintas causas para non as recolleren, faise sabe-lo seguinte:

Notifícaselles ós debedores, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), que, non tendo sido satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso no período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria Comunidade Autónoma de Galicia, o órgano competente arriba indicado, acordou:

«En uso das facultades que confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido o recargo de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías dos debedores, en caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteF. Pro. Ap.

A58226135

Baseiria Oil, S.A.

Av. Girona, 41, Olot

Sanción Exp.: 1993/PO582 Liq.: 008951007C11000963601250046.00015-1-1997

Recursos.

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó do recibo desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.

Motivos de impugnación (1).

Suspensión do procedemento (1).

Solicitude de aprazamento (1).

Lugar de pagamento (1).

Xuros de demora (1).

Custas (1).

Prazos para efectua-lo ingreso (1).

Comparecencia en forma do interesado (1).

(1) Ve-lo publicado para o primeiro edicto na páxina 9.604

6137