Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do estudio de detalle U.E. V-02 Vista Alegre (expediente 4458/41).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 5 de setembro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación do estudio de detalle na U.E. V-02 Vista Alegre, conforme a documentación elaborada polos arquitectos Dolores Somoza Rodríguez-Escudero e José Antonio Comesaña García, visada polo COAG o día 1 de xullo de 1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e nun xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello.

Significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 18 de setembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente

6486