Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 31 de xullo de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Rexeita-los recursos presentados por Esteban Martínez de la Iglesia, que no desvirtúan o feito de que Julián Tedín Esmorís actúe no seu nome e en representación de máis do 60% da propiedade dos terreos, sen prexuízo das cuestións de propiedade que puidesen suscitarse sobre a herdanza do pai do alegante perante os tribunais de xustiza.

2. Aprobar definitivamente a modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana de Ourense, do sector A-6 á vista do informe vinculante da CPTOPV do 7-7-1997, por instancia de Julián Tedín Esmorís.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 3 de setembro de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

7303