Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 1997 Páx. 9.587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1997, do tribunal designado para xulga-las probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportistas por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, convocado por Resolución do 3 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes (DOG do 12 de marzo de 1997), pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de aprobados e se ordena a publicación destas nas materias que se establecen no punto primeiro desta resolución.

Este tribunal,

RESOLVEU:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aprobados das actividades de transporte interior e internacional de viaxeiros e mercadorias; axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor, que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, nas delegacións provinciais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e nos servicios proviciais de Transportes.

Segundo.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario nun prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conforme ó establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1997.

Emilio García Gallego

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7275