Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (7/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria con data do 28 de agosto de 1997 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente por instancia de Construcciones Hermanos Carrajo, S.A. representada por José Luis Carrajo Cortés, o proxecto de urbanización da praza entre Avda. de Buenos Aires, Avda. da Habana e Camiño Caneiro, logo da constitución da garantía polo importe de cento cincuenta millóns de pesetas (150.000.000 de ptas.) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto polo artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de setembro de 1997.

Jorge Bermello Fernández

Alcalde en funcións