Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación para a adquisición dun camión de reparación de fochas.

Entidade adxudicadora: Concello da Estrada.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

Obxecto do contrato: adquisición dun camión de reparación de fochas.

Características: as indicadas no prego de condicións.

Prazo de entrega: un mes.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Tipo de licitación: 14.500.000 ptas.

Garantía provisional: 290.000 ptas.

Garantía definitiva: 580.000 ptas.

Obtención de documentación: na secretaría xeral.

Información: chamando ó Concello da Estrada. Teléfono 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello de 9 a 13 horas, nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG.

Documentos a presentar: sobre único, proposición económica adaptada ó modelo. Descrición das características do vehículo que se oferta. Garantía do vehículo. Documentos que acredite a personalidade do empresario; de ser persoa xurídica xuntarase poder verificado polo secretario da Corporación. Resgardo acreditativo da constitución da fianza provisional. Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha das prohibicións para contratar enumeradas no artigo 20 da LCAP. Certificado de estar ó corrente nas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

Apertura dos sobres de documentación: en acto público ás 12 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser inhábil ou sábado, trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte. A valoración do concurso levarase a cabo con posterioridade.

Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., maior de idade, veciño/a... con enderezo en... con DNI nº... en nome propio (ou en representación de...) coñecedor/a do concurso tramitado para adxudica-la adquisición dun camión de reparación de fochas para o Concello da Estrada, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de cláusulas administrativas e nas seguintes condicións:

Prezo...; prazo de entrega...; prazo de garantía...; calidade do vehículo e melloras ofertadas... (lugar, data e sinatura).

A Estrada, 12 de setembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

7332