Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de setembro 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a subministración de mobiliario complementario para a nova sede da Audiencia Provincial da Coruña.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número do expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material mobiliario complementario para a nova sede da Audiencia Provincial da Coruña.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de entrega: A Coruña.

d) Prazo de entrega: un (1) mes contado desde a data que sinale a administración contratante.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 18.500.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do importe de licitación: 370.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfonos: (981) 54 46 42/54 45 17.

e) Telefax: (981) 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 11 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 11 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1997.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7382