Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de subministración consistente na adquisición de vestiario para persoal laboral de centros dependentes desta delegación.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de subministración consistente na adquisición de vestiario para persoal laboral de centros dependentes da dita delegación provincial.

Obxecto: adquisición de vestiario.

Orzamento:

Partida I (calzado): 2.450.000 ptas. (dous millóns catrocentas cincuenta mil pesetas) IVE incluído.

Partida II (pixamas e batas): 2.650.000 ptas. (dous millóns seiscentas cincuenta mil pesetas) IVE incluído.

Partida III (prendas diversas): 7.400.000 ptas. (sete millóns catrocentas mil pesetas) IVE incluído.

O licitador poderá presenta-la súa oferta por cada unha das partidas independentemente.

Prazo de entrega: dous meses.

Execución: a medida.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: 2% do orzamento.

Fianza definitiva: 4% do orzamento.

Forma de tramitación: urxente.

1. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica poderá ser examinada nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, de 10 a 14 horas nos días hábiles.

2. Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financiera e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

3. Lugar: a presentación de propostas farase no rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, Avenida Cánovas del Castillo, s/n, en sobres pechados, ou por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

4. Prazo de presentación de propostas: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará ós 15 días naturais ás 14 horas.

5. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por este a documentación persoal, a proposta económica e as referencias técnicas descritas no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Criterios de adxudicación: os definidos no punto nº 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de propostas: realizaraa a mesa de contratación o décimo terceiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas na sala de xuntas da Delegación Provincial de Pontevedra, nas súas dependencias de Vigo, Avenida Cánovas del Castillo, s/n, ás 10 horas en acto público.

Se coincidise ese día en sábado ou festivo, reuniranse o primeiro día hábil seguinte.

8. O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 11 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra

7046