Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/88-4).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Productos Lácteos La Tomiñesa.

Domicilio social: Xeneralísimo, 6, 36740 Tomiño.

Denominación: central coxeración en Pego.

Situación: Tomiño.

Descricións técnicas: instalación de coxeración consistente nun grupo motoalternador a gasóleo de 1.000 kVA de potencia, xunto co equipo auxiliar de control, protección, medida e acoplamento. Transformador de potencia de 1.600 kVA. Sistema de almacenamento de combustible composto de 3 depósitos de 25 m soterrados. Sistema de recuperación de calor composto por caldeira e intercambiador de calor en Pego, concello de Tomiño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 28 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6943