Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia a apertura do período de información pública do proxecto das obras de restauración e reutilización do Hospital de San Roque, Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto nos artigos 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, a Consellería de Economía e Facenda acordou a información pública do expediente polo período de 15 días hábiles contados desde a publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP, e no xornal El Correo Gallego, para que os titulares afectados referenciados no anexo á presente resolución poidan solicita-la rectificación dos posibles erros ou formula-las alegacións que consideren oportunas. O proxecto de referencia atópase de manifesto nas oficinas da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, nos edificios administrativos de San Caetano, bloque 3, de Santiago de Compostela, en horas de oficina.

Os escritos nos que se formulen alegacións ó proxecto, dirixiranse a esta Secretaría Xeral e do Patrimonio, podendo presentarse nas devanditas oficinas ou utilizando calquera das modalidades previstas na vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1997.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

ANEXO DE DEREITOS E TITULARES AFECTADOS

Dereito de alugeiro, segundo o contrato do 2 de marzo de 1981, sobre o baixo comercial, sito no inmoble chamado Hospital de San Roque, rúa das Rodas número 34, de Santiago de Compostela.

É titular do dereito afectado en calidade de arrendatario Rogelio Amieiro López.

7178