Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos dos que se fará mención se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:
«Sentencia. En Santiago de Compostela o dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 154/1996, seguidos por danos, nos que é denunciante Telefónica de España, S.A., e nos que aparece como parte denunciada Manuel Brea Suárez, Juan López Costoyas e Francisco Lale Ferreiro, maiores de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.
Decido que debo absolver e absolvo libremente a Manuel Brea Suárez, Juan López Costoyas e Francisco Lale Ferreiro da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.
Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.
Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E para que así conste e lles sirva de notificación en legal forma a Manuel Brea Suárez, Juan López Costoyas e Francisco Lale Ferreiro, que se atopa en ignorado paradoiro, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o un de setembro de mil novecentos noventa e sete.
O secretario
Rubricado
7087