Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.545

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se fixan os criterios técnicos para a aplicación de determinadas instruccións técnicas complementarias do Regulamento electrotécnico de baixa tensión.

O Regulamento electrotécnico para baixa tensión, aprobado polo Real decreto 2413/1973, do 20 de setembro, e as instruccións técnicas complementarias do citado regulamento, aprobado pola orde do Ministerio de Industria e Enerxía, do 31 de outubro de 1973, constitúen as normas básicas de carácter xeral que definen o ámbito e as características das instalacións eléctricas de baixa tensión.

No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería de Industria e Comercio promulgou a Orde do 7 de xullo de 1997, pola que se establece o procedemento para a execución e posta en servicio das instalacións eléctricas de baixa tensión, que, na súa disposición derradeira primeira, autoriza a Dirección Xeral de Industria para adopta-las medidas necesarias da súa aplicación.

A experiencia adquirida na aplicación do citado regulamento e as instruccións técnicas complementarias, a demanda de unificación de criterios na súa interpretación por parte do sector e a saída ó mercado de novos aparatos e/ou equipos que dalgunha maneira incorporan un risco engadido condicionando a seguridade do usuario, son aspectos ou situacións que xurdiron co avance do tempo e que é necesario ter en conta para manter un nivel adecuado en relación coa seguridade das persoas e as cousas.

Todo isto pon de manifesto a necesidade de precisar con máis detalle os criterios de deseño e execución das instalacións eléctricas de baixa tensión, co obxecto de unifica-los criterios de aplicación de determinadas instruccións técnicas complementarias do Regulamento electrotécnico para baixa tensión, sen prexuízo de que os técnicos poidan adoptar outras solucións tecnicamente xustificadas.

Esta Dirección Xeral de Industria, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-los criterios técnicos para a aplicación de determinadas instruccións técnicas complementarias do Regulamento electrotécnico para baixa tensión que figuran no anexo a esta resolución.

Segundo.-Esta resolución será de aplicación para tódalas instalacións eléctricas de baixa tensión no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia que se inicien ou reformen con posterioridade á súa entrada en vigor, sen prexuízo de poder utiliza-los criterios técnicos que se aproban na rea

lización e reforma de instalacións deseñadas ou executadas con anterioridade á dita data, cando o titular, o proxectista ou instalador manifesten expresamente a decisión de aplica-lo seu contido.

Terceiro.-Esta resolución entrará en vigor ós quince días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

ANEXO

CRITERIOS TÉCNICOS DE DESEÑO E EXECUCIÓN, DE INSTALACIÓNS DE BAIXA TENSIÓN, PARA A APLICACIÓN DE DETERMINADAS INSTRUCCIÓNS TÉCNICAS COMPLEMENTARIAS

1. Sensibilidade dos interruptores diferenciais

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT 021Como norma xeral: 30 mA

MIE-BT-028

MIE-BT-029

Excepcionalmente: 300 mA*:-En cadros de obra para tomas trifásicas (as tomas monofásicas disporán de protección con diferenciais de 30 mA).

-En casos particulares de maquinaria na industria.

-No caso de iluminacións públicas poderanse instalar diferenciais de 300 mA de sensibilidade tipo antitormenta.

*A sensibilidade ven condicionada en todo caso polo valor da resistencia á terra correspondente

2. Disposición e protección dos circuítos de iluminación de emerxencia.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-025Pequenas instalacións(bares, oficinas, etc.) para Pn15kW o Sn150m

-Un circuíto como mínimo con protección magnetotérmica independente

-A protección diferencial pode se-la de iluminación ordinaria.

MIE-BT 025Resto instalacións(Pública concorrencia):

-Circuítos independentes da iluminación normal.

-Admítese utiliza-la mesma canalización de iluminación sempre que a tensión sexa a mesma.

-Protección magnetotérmica independente.

-Circuítos independentes para iluminación de chanzos e cambios de nivel.

-Ata 6 aparellos admitiranse un só circuíto.

-Máis de 6 aparellos, dous circuítos como mínimo, cunha limitación máxima por circuíto, en tódolos casos, de 12 aparellos.

-Protección diferencial: disporase independente ou non da iluminación normal ó criterio do deseñador.

-Se o interruptor de corte xeral (ou os xerais da planta) curta a alimentación dos aparellos autónomos, disporanse con telemando para preve-lo corte xeral voluntario e evita-la súa descarga.

3. Separación circuítos de iluminación e forza.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-016

MIE-BT-025

-No CGD disporanse sempre interruptor xeral automático omnipolar (que nos definirá a potencia máxima admisible da instalación).

-Para pequenas instalacións (bares, tabernas, pequenos comercios, oficinas, etc. e ata 15 kW) admítese a non separación dos circuítos de forza e iluminación.

MIE-BT-017Resto de instalacións-Disporanse interruptores «omnipolares» xerais para iluminación e forza.

-En instalacións de P<15kW, cando exista separación de circuítos, admítese un só cadro pero con separación por módulos e sempre rotulado.

-Para potencias P>15kW. cadros independentes.

4. Utilización de canalizacións de PVC.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-018-Autorízase o seu uso xeral nas condicións fixadas na resolución do MIE do 18-1-1988.

MIE-BT-014-En derivacións individuais (reforma de edificios que impliquen a utilización de quenllal por dificultades de construcción de acanaladura vertical) o conductor que se vai utilizar será de 0,6/1 kV.

5. Instalacións en vivendas.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-016Ademais do interruptor xeral automático omnipolar, disporase de interruptor de control de potencia (I.C.P.)

MIE-BT-020-Interruptor diferencial xeral de 30 mA de sensibilidade. A súa intensidade nominal será maior ou igual cá do interruptor xeral.

MIE-BT-020-Os pequenos interruptores automáticos (PIA's) disporán de protección circuíto omnipolares (F+N)

MIE-BT-023-No caso de existir circuítos para calefacción, auga quente ou especiais, disporanse automáticos magnetotérmicos independentes ademais dos circuítos que establece o RE/BT.

-Para instalacións de hidromasaxe ou edificacións anexas disporase de protección diferencial independente.

-Para instalacións de hidromasaxe disporanse diferenciais independentes de 10 mA de sensibilidade.

-Cada circuíto disporá de neutro independente.

-Esixirase tubo reforzado baixo pavimento.

-Tódolos circuítos, incluso puntos de luz, levarán conductores de protección de posta á terra.

6. Centralización de contadores e derivacións individuais.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-011 A 015-Segundo normas particulares para as instalacións de enlace da empresa subministradora (Resolución 18-10-1995), da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

7. Edificios de vivendas, servicios comúns.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-025-Os pulsadores de iluminación situados nas escaleiras serán luminosos.

-Disporase iluminación de emerxencia no recinto de centralización de contadores ou no portal, nas zonas de centralización, se esta non se aloxa en recinto propio.

-Disporase iluminación de emerxencia na sala de máquinas de ascensores, sala de caldeiras e nas dependencias de paso ou vestíbulos de independencia destes recintos.

-O cadro de servicios comúns irá fóra do recinto da centralización de contadores dispoñendo este de porta e pechadura con chave.

-En escaleiras disporanse aparellos autónomos de iluminación de emerxencia, segundo o recolla a NBE-CPI vixente.

-Alimentación sala de máquinas ascensores: liña de forza e iluminación independentes con protección magnetotérmica en cadro servicios comúns e protección diferencial magnetotérmica na sala de máquinas.

8. Cadros de obra.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-027-Armarios e aparellos protexidos contra chorros de auga e contra o po (IP55).

MIE-BT-028-Bases de tomas de corrente tipo CETACT ou similar

-Interruptor xeral automático omnipolar (ademais do ICP)

-Para as tomas de corrente monofásicas: interruptor diferencial de 30 mA de sensibilidade.

-1 interruptor diferencial, como mínimo, para as tomas de corrente trifásicas

-1 interruptor diferencial independente para cada guindastre

-Protección das bases de enchufe con interruptores magnetotérmicos omnipolares.

-Os diferenciais deben estar protexidos contra curtocircuítos por interruptores magnetotérmicos de calibre igual ou inferior ó do diferencial.

-Os conductores que se van utilizar en obras serán del tipo 0,6/1 flexible.

9. Iluminacións públicas.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-009-Armarios protexidos contra chorros de auga e contra o po IP55

-Armarios con separación da protección e a medida

MIE-BT-020-Protección diferencial de 300 mA (autorizaranse aparellos tipo antitormenta)

-Utilización de conductor de protección para a posta a terra de báculos. Tomas de terras múltiples e interconectadas polo propio conductor de protección, co fin de garantir unha baixa resistencia de terra.

10. Garaxes.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-018

MIE-BT-027

-Canalización en tubo PVC ríxido blindado, grao de protección contra danos mecánicos 7

MIE-BT 027-Aparellos de iluminación estancos protexidos contra golpes e salpicaduras IP 545.

-Mecanismos eléctricos situados a unha altura superior a 1,50 m.

-Pulsadores con dispositivo luminosos.

-Circuítos de iluminación:

Ata 500 m ... 1 circuíto

Entre 500 e 1000 m ... 2 circuítos

Máis de 1.000 m ... 3 circuítos

-Circuítos de iluminación de emerxencia: (segundo apartado 2.2.)

Ata 1000 m ... 1 circuíto

Máis de 1000 m ... 3 circuítos

-En sotos ou semisotos que non estean suficientemente ventilados:

* Ventilación forzada (15m/hm). Impulsión e extracción

* Accionamento por reloxo automático e por detección CO. (central homologada, con posibilidade de accionamento manual en caso de fallo).

* Diferenciais independentes para iluminación e forza

* Para os sistemas de ventilación forzada: diferenciais independentes para impulsión, extracción e para detección.

11. Pequenos locais públicos.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT 025-Ata 15 kW, a alimentación pode ser monofásica, non sendo necesarios cadros independentes de forza e iluminación.

-Iluminación de emerxencia 5 lux en eixes de paso.

-Un circuíto que pode protexerse co diferencial de iluminación.

12. Pubs.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-025-Alumeado: 3 circuítos con protección independente

-Cabina de música: circuíto con protección magnetotérmica e diferencial independente.

-Iluminación de emerxencia: segundo criterio.2.

13. Discotecas e salas de baile.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-025-O cadro xeral debe estar situado en local independente de resistencia ó lume e provisto de porta RF-90.

-Iluminación normal: 3 circuítos con protección independente.

-Cabina de música: 3 circuítos con protección independente.

-Iluminación de emerxencia: segundo criterio 2.

-Para iluminación de sinalización (chanzos e cambios de nivel): 2 circuítos con protección independentes.

-Subministración complementaria segundo RE/BT para locais de espectáculos.

14. Centros de ensino.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-025-Iluminación dependencias: 3 circuítos independentes por cada planta (desde cadro de planta).

-Iluminación corredor e escaleiras: 3 circuítos independentes para tódalas plantas (centralizados en CDG).

-Iluminación emerxencia: 3 circuítos independentes por cada planta (máximo 12 aparellos por circuito), centralizados en cadro de planta. Segundo criterio.2.

-Subministración complementaria segundo RE/BT para capacidade superior a 300 persoas en calquera nivel de ensino (público ou privado), excepto en garderías e CP de ensino primario.

-En garderías e colexios de ensino primario os enchufes serán de protección infantil.

15. Outros centros públicos.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-025-Iluminación dependencias: 3 circuítos independentes por planta desde cadro de planta.

-Iluminación corredor e escaleiras: 3 circuítos independentes para tódalas plantas centralizados en CDG.

-Iluminación emerxencia: segundo criterio 2.

-Sinalización chanzos e cambios de nivel: 3 circuítos independentes, centralizados no CDG.

16. Centros médicos.

Instrucción técnica

de aplicación

Criterios para aplicar

MIE-BT-025Sen quirófano:1. Cando só dispoñan de salas de consulta, terán o mesmo tratamento dun local de reunión.

2. Cando dispoñan de salas de cura, deberán estar equipados con iluminación de reemprazamento e o resto do local será considerado de reunión.

3. Cando dispoñan de servicio de urxencias, irán equipados con subministración de reserva.

4. Cando sexan de capacidade superior a 300 persoas, disporanse de subministración de reserva.

7241