Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/216-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Enderezo social: Igrexa, 15, 36820 Ponte-Caldelas.

Denominación: L.M.T. Santa Ana-Fracha.

Situación: concello de Ponte-Caldelas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 3.534 m de lonxitude, con conductor de aluminio-aceiro LA-110, desde o centro de distribución de Santa Ana ata o lugar de Fracha, apoio N.11 da L.M.T. S.B. Taboadelo-Reigosa, concello de Ponte-Caldelas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 22 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6884