Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 1997 Páx. 9.524

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (180/1997).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada nos autos de expediente de dominio nº 180/1997, seguidos por instancia de Enrique Freire Pena e Milagros González López, representados pola procuradora María Pérez Otero, polo que se solicita a reanudación do tracto sucesivo ininterrompido e inscrición de obra nova no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, sobre o predio inscrito no tomo 624, libro 281, folio 136, predio nº 167.771, inscrición primeira.

Pola presente cédula cítase a María Josefa Míguez Antelo, Herminia e Arturo Vázquez Antelo, Nélida-Rosa e Manuel Vázquez Míguez, como habentes causa do titular rexistral do predio, as persoas con domicilio descoñecido que teñan algún interese sobre o predio parcela nº 897 da zona de concentración parcelaria de San Fiz de Fóra, municipio de Santiago de Compostela, e a cantas persoas ignoradas poida afectar ou prexudica-la inscrición que se solicita, para que no prazo de dez días a partir da publicación deste edicto poidan comparecer perante este xulgado para alega-lo que ó seu dereito conveña sobre a pretensión formulada.

E para que sirva de citación en forma, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o un de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

7005