Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (344/1996).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 11 de xullo de 1997, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1º. A corrección do nome e a súa inclusión na Xunta de Compensación, de Carmen de Joaquina Lorenzo Fernández.

2º. Desestima-la alegación conforme o informe do Servicio de Urbanismo, con data 9 de maio de 1997, de Flora Fernández Carballo.

3º. Desestima-la alegación conforme o informe do Servicio de Urbanismo, con data do 9 de maio de 1997, de Manuel Carbajales Pereira.

4º. Desestima-la alegación por non se-lo momento procesual oportuno para discernir discrepancias relativas á súa propiedade, de María Elena Vilarchao Mourelo.

5º. Desestima-la alegación presentada por David Prol Novoa, e toda vez que se trata de valorar actividade, é dicir, dunha carga da que terá que responde-la Xunta de Compensación, unha vez constituída, non é o momento oportuno de resolver sobre o fondo do asunto, polo que debe entenderse desestimada nesta fase do procedemento, sen prexuízo de que poida alegala no momento de aprobación do Proxecto de Compensación.

6º. Desestima-la alegación en conformidade co informe do Servicio de Urbanismo con data do 9 de maio de 1997, de Manuela Feijóo Rodríguez.

7º. Aprobar definitivamente os estatutos e bases da Xunta de Compensación da zona 4 do SU-25, por instancia de Bautista Rodríguez Díaz, en representación de Caorsa e outros.

8º. Nomear como representante do concello na Xunta de Compensación da zona 4 do SU-25, a Julio-Fernando Díaz Salcedo.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo perante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezarán a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así o crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 26 de agosto de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

6948