Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1997 pola que se anuncia a corrección de erros no expediente 654/1997, relativo á concesión do servicio de cafetería-comedor do Campus Norte.

Detectado erro no prego de prescricións técnicas do expediente de contratación 654/1997, relativo á concesión do servicio de cafetería-comedor do Campus Norte, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG do 10 de setembro de 1997, número 174) e declarado de tramitación urxente.

Anúnciase a tódolos interesados no dito procedemento, que poderán consultar ou retira-la documentación, debidamente corrixida, na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2, galerías, Santiago de Compostela (teléfono (982) 25 23 03, Ext. 22475).

En consecuencia procédese a dar novo prazo de presentación de ofertas, que rematará o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

A apertura de ofertas terá lugar o terceiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións, se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 1997.

P.D. (Resolución 16-9-1997)

Luis Concheiro Carro

Vicerrector de Relacións Exteriores e Prox. Universitaria

7247