Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/186-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cabo Silleiro.

Situación: concello de Oia.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 8 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio número 91 da L.M.T. 55-06 O Rosal-Oia, rematando no C.T. que se proxecta en Cabo Silleiro, concello de Oia. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV/400-231 V. R.B.T. aérea, con conductor tipo R.Z. de 190 m de lonxitude, sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6872