Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/184-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pontiñas.

Situación: concello de Ribadumia.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 32 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio número 2 da L.M.T. ó C.T. de Outeiral, rematando no C.T. que se proxecta en Pontiñas, concello de Ribadumia. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T., aérea, de 133 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 13 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6870