Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. polideportivo A Seca.
Situación: concello de Poio.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio número 170 da L.M.T. Mourente-Sanxenxo, rematando no C.T. proxectado do polideportivo da Seca, concello de Poio. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T., subterránea, de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 13 de agosto de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6867