Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997 sobre autorización de apertura de dous novos establecementos da axencia de viaxes Halcón Viajes, S.A., sitos nas rúas Luis A. Mestre, 2, do Grove, e na praza da Independencia, 3, de Vigo.

Vistos os expedientes instruídos por instancia dos representantes legais da entidade mercantil Halcón Viajes, S.A., en solicitude da autorización de apertura de dous novos establecementos, no Grove, na rúa Luis A. Mestre, 2 e en Vigo, na Praza da Independencia, 3, da axencia de viaxes Halcón Viajes, S.A., do grupo maiorista-retallista, co código identificativo CICL-37-03, que ten a súa casa central en Salamanca, na Praza do Irlandeses, 2.

Ó resultar que os interesados, xunto coas solicitudes achegaron toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Ó resultar que na tramitación dos expedientes se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Ó considerar que na empresa solicitante e nos novos establecementos da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Halcón Viajes, S.A., sita en Salamanca, na Praza dos Irlandeses, 2, da que é titular a entidade mercantil Halcón Viajes, S.A., a apertura de dous novos establecementos no Grove, na rúa Luis A. Mestre, 2, e en Vigo, na Praza da Independencia, 3, que serán inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

7261