Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 31 de xullo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 349 de clasificación do monte de Berdoias, pertencente á parroquia de Berdoias, concello de Vimianzo.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 349 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: de Berdoias.

Comunidade: parroquia de Berdoias.

Concello: Vimianzo.

Superficie: 631,49 Ha.

Lindeiros:

O monte está integrado por 8 parcelas, que se describen de acordo coas manifestacións dos propios solicitantes.

Parcela I. Monte de Sta. Cristina e Pinal da Cruz. Superficie de 128,90 Ha.

Norte: Campo Monteiro. Leste: Fonte Fría, Rego Loureiro, Ponte Calvelo e Mensoeiro. Sur: Mensoeiros, A Cruz e A Costa. Oeste: Sta. Cristina, Prado do Petón, O Peón, Os Castriños, Aborteira e Pedra Venta.

Parcela II. Monte Petouquiña, Arquiña e Brañeira. Superficie de 16,75 Ha.

Norte: Pinal da Cruz. Leste: Mensoeiros e parroquia de Castrelos. Sur: Valdoloso. Oeste: Prado do Camiño.

Parcela III. Monte Penelas e Vadoloso. Superficie de 52,60 Ha.

Norte: Río Castro. Leste: parroquia de Castrelo. Sur: estrada A Coruña-Fisterra e Os Agriños. Oeste: Os Agriños.

Parcela IV. Monte Pedra Abelleira, entre as Pallagueiras e Vadoleiro. Superficie de 38,90 Ha.

Norte: estrada A Coruña-Fisterra e Costa do Rego, cun enclave denominado Pallagueira, e Costa do Rego. Leste: Rego do Prado Ceáns, Prado Ceáns, Prado de Changas, Pedra Lagarta e Canda. Sur: Chouzos, estrada Berdoias a Baíñas e Liñares. Oeste: Prado da Costa.

Parcela V. Monte O Pedrouzo e Eira. Superficie de 108,10 Ha.

a) Monte O Pedrouzo. Norte: estrada A Coruña-Fisterra e Estivada do Campo. Leste: Canceriña, Arca, A Casota, sobre Rivas e Travesas. Sur: Lomba do Crego e Rego do Espiño. Oeste: Prado do Cordas, estrada A Coruña-Fisterra, e concello de Dumbría.

b) Monte Eira. Norte: estrada A Coruña-Fisterra. Leste: lugar de Berdoias. Sur: lugar de Berdoias. Oeste: lugar de Berdoias.

Parcela VI. Monte Outeiro e Rego Colmeirón. Superficie de 118,47 Ha. Sito en parte no concello de Dumbría.

Norte: parroquia de Ozón (Muxía), Ponte Vella e Estivadas. Leste: estrada A Coruña-Fisterra. Sur: parroquia de Berdeogas (Dumbría). Oeste: parroquia de Berdeogas (Dumbría).

Parcela VII. Monte Chandas, Ponte Vella e So a Lomba. Superficie de 89,27 Ha.

Norte: estrada Muxía-Berdoias, Estivadiña, Vado e Curro. Leste: Pesqueira, Herbal da Braña e A Fonte. Sur: Outeiro, Rego Colmeirón, Estivadas e estrada A Coruña-Fisterra. Oeste: parroquia de Ozón (Muxía), enclave Ponte Vella e Outeiro.

Parcela VIII. Monte Chanda, Rego Cavado, Cruz da Pena do Frade e Rego Cebreiro. Superficie de 78,50 Ha. Situado en parte na parroquia de Carnés.

Norte: O Peón e Petón. Leste: parroquia de Ozón (Muxía) e Rego Cavado. Sur: estrada Muxía-Berdoias, Tarreo, Boallo, Agriño e Braña da Chouza.

Oeste: Pena do Frade, Agras, Cobas, Prado, Prado de Arriba e Pallagueira.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 31 de xullo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no Art. 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, presentando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 31 de xullo de 1997.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Andrés López-Suevos Fernández

Instructor

6999