Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Toxo.
Situación: concello de Lalín.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.184 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio número 42 da L.M.T. ó C.T. de Fontecabalos, rematando no C.T. que se proxecta en Toxo, concello de Lalín. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV/400-231 V. R.B.T. aérea, de 33 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 20 de agosto de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
6860