Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/204-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Barro-San Pedro de Ancorados.

Situación: concello da Estrada.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 678 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón, desde o apoio número 108 da L.M.T. ó Sol-Paizas, rematando no apoio número 16 da L.M.T. de Celeiróns, concello da Estrada. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea, de 485 m de lonxitude con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 20 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6858