Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.429

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1997 pola que se nomea a Manuel Gutiérrez Nieto, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde (praza 52/96).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 23 de setembro de 1996 (BOE do 26 de outubro), para a provisión dunha praza de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde, a prol de Manuel Gutiérrez Nieto, con documento nacional de identidade 35.278.503, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Gutiérrez Nieto, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de fisioterapia, do departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 3 de setembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

7088