Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.401

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/194-4).

Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. Ramón Peña.

Situación: concello de Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo

R.H.V., desde la L30.03 Mourente-Pontevedra IV entre os CC.TT. Salvador Moreno e Palamios, rematando no C.T. que se proxecta en Ramón Peña, concello de Pontevedra. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20.000/380-220.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 19 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial da Pontevedra

6848