Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1997, da Delegación Provincialde Ourense, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, das obras RC-OUR-97.27 e outra máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

c) Nº de expediente: RC-OUR-97.27 e RC-OUR-97.28.

2. Obxecto dos contratos.

a) Construcción de beirarrúas na variante de Gustei, N-525 (A). Val do Regueiro. Ourense.

-Nº de expediente: RC-OUR-97.27.

-Prazo de execución: 6 meses.

-Orzamento base de licitación: 9.993.957 ptas.

b) Reforzo de firme na OUR-414, rampla a Crespos. Padrenda.

-Nº de expediente: RC-OUR-97.28.

-Prazo de execución: 6 meses.

-Orzamento de licitación: 10.199.226 ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Garantía provisional obrigatoria:

-RC-OUR-97.27: 199.879 ptas.

-RC-OUR-97.28: 203.985 ptas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense 32071.

d) Teléfono: (988) 38 62 36.

e) Telefax: (988) 38 62 40.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

Medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica: deberán acreditarse obrigatoriamente por calquera dos medios

indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sétimo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en festivo, o prazo de admisión de proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 1.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Ourense.

2. Domicilio: Sáenz Díez, 1.

3. Localidade e código postal: Ourense 32071 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Domicilio: Sáenz Díez, 1.

c) Localidade e código postal: Ourense 32071.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

9. Gastos dos anuncios.

Este anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 9 de setembro de 1997.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

7188