Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.395

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de notificación (90/1996-I).

Eu, María Violeta Reboredo Otero, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, certifico que nos autos que logo se dirán, recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. En Ribeira o doce de febreiro de mil novecentos noventa e sete, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira viu os presentes autos de xuízo de faltas 090/1996, por lesións no que son partes o Ministerio Fiscal en representación da acción pública; como denunciantes José Antonio

Piñeiro Piñeiro, Carolina Piñeiro Maneiro e Raquel Piñeiro Maneiro, e como denunciados José Francisco Rey Santamaría e Clara García Pose.

Fallo que debo condenar e condeno a Francisco Rey Santamaría e Clara García Pose como autores responsables dunha falta de lesións, xa definida, á pena dun mes de multa a razón de 500 ptas. diarias para cada un deles e á imposición das custas procesuais.

Notifíqueselle-la presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes interesadas, facéndolles saber que esta non é firme e que cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días e para formalizar mediante escrito no que motivadamente se expoñan as razóns que se queiran alegar. Quede testemuño da presente resolución nos autos e lévese o orixinal ó libro de sentencias deste xulgado.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que lles sirva de notificación a José Francisco Rey Santamaría e a Clara García Pose, expido e asino a presente cédula en Ribeira o sete de agosto de 1997.

A secretaria

Rubricado

7086