Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 1997 Páx. 9.394

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e Servicios, convocado por Resolución do 11 de xuño de 1997.

Consonte o disposto na base 4 da Resolución do 11 de xuño de 1997, da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca concurso de libre designación entre funcionarios para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe da xerencia.

Este rectorado, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación do posto de traballo contido no anexo desta orde.

Segundo.-O destino adxudicado será irrenunciables, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o funcionario radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 1997.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto de traballo: secretaría do rector.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Río Garma, Mª Victoria del.

DNI: 33.236.462.

6954