Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/46-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío L.M.T. Coruxo-Fragoselo en camiño Cotarelo.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20/15 kV, de 250 m de lonxitude con conductor de Al tipo R.H.V., desde o apoio N.1 que se vai suprimir da L.M.T. Coruxo-Fragoselo ata o apoio que se vai colocar onde enlaza coas liñas de M.T. os CC.TT. Fragoselo, Coruxo, estrada e Fegosán, concello de Vigo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características

axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 4 de agosto de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

6748