Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 1997 Páx. 9.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia, con urxencia, a licitación polo sistema de poxa aberta e trámite de urxencia, das obras que se citan.

A) Obras:

Clave: RC-AC-97.25.

Título: beirarrúas na estrada AC-110, p.k. 7,000/7,540 e iluminación. Concello das Somozas.

Orzamento: once millóns trescentas cincuenta e sete mil duascentas corenta e nove pesetas (11.357.249 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: duascentas vintesete mil cento corenta e cinco pesetas (227.145 ptas.).

Clave: AC-95-107 A Baña.

Título: variante de trazado da AC-444 ramal de C-545 a Negreira, p.k. 27,000/27,370. Concello da Baña.

Orzamento: dezanove millóns oitocentas corenta e sete mil catrocentas sesenta e tres pesetas (19.847.463 ptas.).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Fianza provisional: trescentas noventa e seis mil novecentas corenta e nove pesetas (396.949 ptas.).

Clave: AC-97-160 Oroso.

Título: Ponte Carollo. Río Tambre. Concello de Oroso.

Orzamento: corenta e un millóns novecentas sesenta e sete mil cento noventa e nove pesetas (41.967.199 ptas.).

Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría d.

Prazo de execución: oito meses.

Fianza provisional: oitocentas trinta e nove mil trescentas corenta e catro pesetas (839.344 ptas.).

B) Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2º do artigo 36 da LCAP, e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Medios de xustificación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica: deberán acreditarse por calquera dos medios indicados nos artigos 16 e 17, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

F) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

G) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña, ás doce horas do décimo primeiro día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 15 de setembro de 1997.

P.D. (Orde 22-1-1997)

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

6922