De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente número 15-990/96, por infracción en materia de defensa do consumidor.
Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario perante o presidente do Instituto Galego de Consumo no prazo dun mes a partir desta notificación.
Se non fose recorrida no dito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta número 3110000179 da Caixa Galicia (2091), urbana 10 (0011) da Coruña.
Expediente: 15-990/96.
Inculpado: Saldos Arias, José Albarrán Juárez.
Domicilio: rúa Ramón y Cajal, 32 B, A Coruña.
Sanción e motivos: publicidade engañosa.
Data da resolución: 30-4-1997.
A Coruña, 4 de xullo de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
6723